Nota: Esta páxina está deseñada para ser vista en modo braille mediante un tipo de letra especial.
Se ten a letra BrailleRelive instalada no seu sistema poderá ver toda a páxina con este
tipo de letra a excepción deste recadro que permanecerá con letra convencional. De no ser así,
siga o enlace que se amosa para instalala no seu sistema:
Enlace para descargar o tipo de letra BrailleRelieve.
Enlace a Discapnet.es con máis información.
Teña en conta que isto é unha simulación para que poida facerse unha idea da situación xa que para
ler esta letra unha persoa cega precisa ter estes mesmos carateres en relevo para percorrelos cos
seus dedos. Póñase no seu lugar e faga deseños accesibles.
[D-3]Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña; o
Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008
.
TADEGa se sinte orgullosa de poder presentar o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención
á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008
. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso,
pero paga a pena intentalo en vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos dende esta
preparación que todo saia bien e que todas e todos poidamos sacarlle proveito para as nosas aulas e os nosos fogares.
O periodo de inscrición xa comezou, só nos resta, animarvos ilusionadamente a participar neste evento que con tanto mimo estivemos preparando.
Tedes toda a información necesaria na nosa web: 1º Congreso TADEGa 2008
[D-1]Os días 18, 19 e 20 de setembro de 2008, terá lugar no Campus da Muralla do Mar da Universidade Politécnica de Cartaxena
(Cartaxena, Murcia, España) o V Congreso Nacional de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade (TecnoNEEt) e que, este
ano, conflúe coas III Xornadas Nacionais de Logopedia Dixital para conformar así o Congreso Tecnoneet-Logopedia Dixital
2008
baixo o lema A igualdade de oportunidades no mundo dixital
.
Os congresos Tecnoneet son un foro de carácter bianual, onde se intercambian experiencias, metodoloxías e coñecementos sobre os avances tecnolóxicos e estratexias de intervención que no eido das tecnoloxías e da atención á diversidade se xeraron nos últimos anos.
Infórmannos de quedan abertos os formularios por Internet para os envíos de traballos (comunicacións, pósteres e obradoiros) para este congreso. Así pois, vos animamos encarecidamente a participar no mellor evento internacional de fala hispana sobre tecnoloxías e atención á diversidade. Moi probablemente, TADEGa estará presente de diversos xeitos:
Tedes toda a información necesaria na súa web: http://congreso.tecnoneet.org/
Dunha parte, temos o Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social (BOE do 21 de novembro de 2007). Esta norma é de obrigado cumprimento para todos os organismos e administracións públicas así como para todos os sostidos con fondos públicos, subliñándose ademais, que son de especial preferencia, os relativos á Educación, Saúde e Servizos sociais.
Doutra banda asistimos nestes tempos —afortunadamente é moito máis que unha moda— a que moitas asociacións, profesorado, pais e alumnos, teñan os seus propios cadernos de bitácora nos que publican case a diario os seus debates, opinións e descubrimentos. É a explosión da parte máis visible da web 2.0 da que tanto se fala. O caso é que a accesibilidade web destes espazos queda moi lonxe, polo de agora, dos estándares da norma que antes citabamos, especialmente dende o momento en que os temas ou esqueletos destas bitácoras non seguen totalmente os estándares da accesibilidade da W3C-WAI (www.w3.org) (moitos deles nin de lonxe) e, ademais, a maior parte dos seus autores descoñecen estes estándares e, polo tanto, non os trasladan aos contidos que publican (artigos e comentarios).
Conscientes da confluencia destes dous sucesos e da carencia que se evidencia, TADEGa ven de organizar unha serie de obradoiros de accesibilidade básica de contidos web pensados (non para re-deseñar os temas, que é asunto moito máis complexo que xa será abordada máis adiante dende outra perspectiva), senón algo máis básico e sinxelo, para que quen suba e redacte contidos para as súas bitácoras, que estes contidos sexan plenamente accesibles. Nesta preparación dos obradoiros, atopámonos coa sorpresa de que en poucos días moita xente nos pediu participar neles e houbo que desdobrar convocatorias, lugares e datas. Así pois, asistimos a un renovado interese na Educación pola accesibilidade web que aplaudimos e á que lle queremos dar unha ampla resposta con estes cursos que, no mes de febreiro celebraremos en A Coruña, Arteixo, Lugo, Pontevedra e Santiago de Compostela.
[D-2]Os nosos compañeiros de EDIGa veñen de convocar os I premios que levan o seu nome coa finalidade de incentivar o uso dos novos soportes dixitais interactivos, de difundir experiencias educativas, e de crear unha comunidade de aprendizaxe tendo como referente as TIC. Temos ademais o privilexio de participar neste concurso colaborando nel con diversas aportacións que esperemos sexan de utilidade. Cando menos, poderán contar coas nosas valoracións no eido da atención á diversidade e da accesibilidade das propostas que reciban.
Máis información no enlace www.EDIGa.net
As II Xornadas TADEGa 2008
que tiveron lugar o sábado 15 de decembro de 2007 en Santiago de Compostela,
tiveron por finalidade principal a lectura e aprobación do borrador do estatuto
que nos constitúe como asociación sen ánimo de lucro. Sen ningunha dúbida, un paso decisivo na
liña de poder contar cun TADEGa máis áxil e dinámico, e con mellores servizos para os seus usuarios.
Ademais desta boa noticia, podemos adiantarvos que en próximas datas estrearemos nova web, máis homoxénea, con mellor estética, e ata máis accesible aínda que a actual.
Con motivo da asistencia que amablemente nos solicitou o CEIP de Aguiño, Ribeira (A Coruña), tivemos a oportunidade de brindar asesoramento e formación ao profesorado centrada no alumnado deste centro con diversidade funcional. A experiencia, riquísima para todos nós, xenerou moitas expectativas que deron lugar a novas peticións semellantes doutros centros (agora estamos a traballar sobre propostas de Ribeira e Lugo).
De resultas desta situación, plantexámonos neste momento a creación do selo de calidade TADEGa
para facer mención e
destacar aquelas persoas e institucións públicas ou privadas que recibiron asesoramento e formación, desenvolveron procedementos
axeitados para a atención á diversidade e/ou prestan un servizo público web plenamente accesible; ben sexa polos seus medios, como
a través do asesoramento de TADEGa. Polo de agora é un proxecto en esbozo, aínda que non tardará en tomar corpo.
TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos eidos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade.
¿Diversidade? a discapacidade, a multiculturalidade, o mundo do maior, o mundo fondamente rural, a sobredotación, a marxinalidade social... e todo un longo etc. que abrangue a tódalas persoas que, os que se creen normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).
O caso é que as TIC (Tecnoloxías da Información e a Comunicación) veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no canto de axudar á integración de todos, aínda están a incrementar a segregación de quen non poden acceder a elas.
O noso obxectivo é dobre: por unha banda romper esta fenda dixital (así é como se chama a esta inxusta situación) e, pola outra: investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propor as ferramentas, os xeitos, e os métodos para obter o mellor proveito de estas tecnoloxías dixitais nos campos educativos nos que estamos a traballar.
Este é o noso compromiso, e este traballo sempre nos terá entretidos e ocupados; a labor sempre estará inacabada; a mellora sempre é posible.
E se es un visitante alleo a estas andanzas e aventuras, non penses que porque xa hai profesionais ocupados e preocupados por estes problemas, xa quedas exento de toda responsabilidade. Todo o contrario: a responsabilidade é de todos.
Igualmente pode seleccionar diferentes estilos visuais con diferentes tamaños de letra e graos de contraste de cor entre esta e o fondo. Como antes, seleccione tamén o da súa conveniencia na barra de navegación que atopará sempre á súa esquerda.
Esta web pretende ser plenamente accesible. Na páxina sobre accesibilidade atopará información máis precisa.
Accesibilidade web: sitio deseñado conforme ao nivel triplo A das directrices de
accesibilidade para o contido da Web 1.0 do
W3C-AI.
Se atopas algunha dificultade para acceder a calquera aspecto do seu contido, contacta co
webmáster no enderezo de correo electrónico
Contactar@TADEGa.net.
Informamos igualmente que este nivel de accesibilidade web foi revisado por última vez o martes 12 de febreiro de 2008
(Puntos 3 e 5 do artigo 5º do Real Decreto 1494/2007,
de 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade
ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social,
BOE do 21 de novembro de 2007).
Coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación
e Industria
así como de diversas direccións xerais e Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria
.
Asemade agradecemos tamén a colaboración brindada pola Asociación Divertic
coa que colaboramos na realización
de diversos acordos e de Disacnet Solutions Sociedade Limitada
que nos brinda en todo momento un impecable apoio
e asistencia técnica.