Logotipo de TADEGa.net




I Congreso TADEGa 2008

Edición: 29 de Abril de 2008 por Juan.

Logotipo do '1º Congreso TADEGa 2008'.[D-453]
Os días 23 e 24 de maio de 2008, terá lugar nas instalacións do Museo Pedagóxico Galego (MUPEGA) de Santiago de Compostela, A Coruña o Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008.

TADEGa síntese moi leda de presentarvos este 1º Congreso. Chegar ata aquí non foi doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos desde esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito nas nosas aulas e nos nosos fogares.

O período de inscrición xa comezou, e as prazas son limitadas (o aforo máximo das instalacións do MUPEGA é de 112 prazas). Só nos queda animarvos a participar neste evento que con tanto mimo estamos a preparar.

Tedes toda a información necesaria na nosa web:

Unha calculadora para todos

Edición: 28 de Abril de 2008 por Ana.

Imaxe da Calculadora ATCalc 3.1.8.[D-449]
Para toda a xente á que lle gustaría poder contar cunha calculadora científica e gráfica con entorno de programación eficaz, accesible ás persoas con visión reducida, dende febreiro do 2008 conta coa posibilidade de descarregar de forma gratuíta a versión ATCalc 3.1.8.

Esta calculadora, disponible en varios idiomas, está deseñada para converterse nunha ferramenta de fácil manexo para aqueles e aquelas estudantes e profesionais que queiran algo potente e un entorno e programación estruturada no estilo Pascal, sen complicarse a vida.

Seguir lendo [Art. Nº 449]

Notas para a accesibilidade web (VII)

Edición: 25 de Abril de 2008 por Juan.

Documentarse sobre a accesibilidade

Alegoría do enlace correcto (dúas mans enlazadas pintadas co mapa mundi).[D-416-1]

(Artigo en construcción, disculpade as molestias)

Todo traballo que se aprecie como tal, debería conter unha serie de referencias a outros traballos nos que a persoa interesada poida ampliar, mellorar ou contrastar o material que se lle está a expor. Tratándose de accesibilidade web, sería pois necesario que nós tamén indicásemos diferentes referencias, ben sexa bibliográficas, ben sexa de sitios de Internet no que poder ampliar e contrastar a información que damos. Así pois, hoxe será o que imos facer:

Estimulación Sensorial

Edición: 22 de Abril de 2008 por Javier.

Sala Snoezelen[D-447]

Estase a celebrar no Centro de Formación e Recursos de A Coruña e programado pola asesoría de Orientación e Integración, o curso sobre a Estimulación Sensorial na Integración do Alumno con Discapacidade. É a primeira vez que en Galicia se celebra unha actividade deste tipo dirixida á comunidade educativa e referida aos contextos educativos ordinarios.

As salas multisensoriais, nos seus diversos enfoques, están dirixidas a estimular os sentidos primarios sen necesidade dun recoñecemento cognitivo da actividade proposta e persegue obxectivos como a relaxación, eliminación ou diminución de estereotipias, modificación de condutas, etc

Son estímulos para aumentar ou diminuír o nivel de alerta e favorecer a maduración do sistema nervioso central, favorecer respostas motoras normais, mellorar aprendizaxes e propiciar un mellor contacto co contorno.

Esperemos que nos aproveite a todos.

Para saber mais:

Google e Braille

Edición: 22 de Abril de 2008 por Ana.

Logotipo de Google en Braille[D-439]

O buscador de Internet ‘Google’ (*) da un pasiño de cara á igualdade no acceso á información ao adaptar os seu servizo de consulta de noticias, chamado Google Reader, ás persoas con discapacidade visual.

Dende mediados do mes de marzo, eles tamén poderán facer uso de Google a través dun sistema que permite o emprego de aplicacións que codifican o texto escrito ao alfabeto Braille en lectores de pantalla.

Para acceder ao Google Reader, é preciso ter aberta unha conta de correo electrónico con Gmail (**) (da compañía Google) e estar subscrito a este servizo. Unha vez subscrita, a persoa poderá visualizar as noticias. A esperanza de ver a accesibilidade como unha realidade colle folgos na súa travesía grazas a alternativas como esta.

Citas e notas

Acción Mundial pola Educación

Edición: 21 de Abril de 2008 por Felo.

semana mundial educacion[D-442]

Baixo o lema “Superemos a exclusión, Calidade no ensino” ¡Pon a túa peza! Todas contan. Este 23 de abril ás 12h, nas cidades de Vigo, A Coruña e Santiago, centos de alumnos, alumnas, mestres, organizacións, autoridades políticas e público en xeral, uniranse para construír un puzzle de grandes dimensións no que se escribirán as demandas e propostas que buscan mellorar a situación educativa de 77 millóns de nenos e nenas aínda non escolarizados no mundo.

Para confirmar o lugar de realización, escribir a mbeltran@intermonoxfam.org