Logotipo de TADEGa.net


Nota: Esta páxina está deseñada para ser vista en modo braille mediante un tipo de letra especial.
Se ten a letra BrailleRelive instalada no seu sistema poderá ver toda a páxina con este
tipo de letra a excepción deste recadro que permanecerá con letra convencional. De no ser así,
siga o enlace que se amosa para instalala no seu sistema:

Enlace para descargar o tipo de letra BrailleRelieve.
Enlace a Discapnet.es con máis información.
Teña en conta que isto é unha simulación para que poida facerse unha idea da situación xa que para
ler esta letra unha persoa cega precisa ter estes mesmos carateres en relevo para percorrelos cos
seus dedos. Póñase no seu lugar e faga deseños accesibles.

Congreso TADEGa 2008

Presentación

TADEGa síntese orgullosa de poder presentar o seu primeiro congreso: Primeiro Congreso de Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega (TADEGa) 2008. Chegar ata aquí non foi nada doado, o traballo preparatorio foi intenso, pero paga a pena intentalo á vista do servizo que podemos prestar á comunidade educativa galega. Agardamos dende esta preparación que todo saia ben e que todas e todos poidamos sacarlle proveito para as nosas aulas e os nosos fogares.

Patrocinio

Logotipo da celebración '+Internet +Galego +Futuro' e enlace á súa web. [ D-1 ]

Galicia celebra de xeito conxunto o 17 de maio: o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e o Día das Letras Galegas. É un día sinalado para propiciar, coa axuda das tecnoloxías digxitais, a participación da sociedade galega nunha reflexión colectiva sobre as posibilidades que as tecnoloxías da información e da comunicación nos achegan para a normalización da nosa lingua, a difusión e enriquecimiento da nosa cultura e a construción da sociedade do coñecemento en Galicia. TADEGa súmase a esta celebración, e a todos vos convidamos a facer o mesmo. É de seu.

Celebración

O congreso terá lugar os días 23 de maio (venres en sesión de tarde) e 24 (sábado en sesión de mañán e tarde) nas instalacións do MUPEGA situado na rúa San Lázaro, 107, nas aforas de Santiago de Compostela, A Coruña. Estas instalacións xentilmente cedidas pola Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia, teñen un horario estricto de 10 da mañán ás 2 do mediodía, e de 4 a 8 da tarde, polo que os horarios do congreso se ceñirán escrupulosamente ao mesmo.

Programa

Logotipo do '1º Congreso TADEGa 2008' e enlace ao tríptico do programa. [D-2]

Pinchar nesta imaxe descargará o tríptico coas indicacións para matricularse.

Venres 23

(16:00 horas) Acreditación e entrega de documentación.

(16:30 horas) Inauguración:
Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa. (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información. (Consellería de Innovación e Industria).
Servizo de Atención á Diversidade. (Consellería de Educación Ciencia e Investigación). Rexión de Murcia.
Asociación DIVERTIC.
Asociación TADEGa.

(17:00 horas) Sinatura do acordo DIVERTIC.org e TADEGa.net

(17:15 horas) Mesa I. Referentes TIC na Atención á Diversidade
Coordina: Mª Belén Junquera Méndez.
Relatores:
Manuel Gómez Villa: DIVERTIC e AUMENTATIVA.net, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Fco. Javier Soto Pérez: Foro TecnoNEEt, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Juan J. Fernández García: TADEGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro.

Sábado 24

(10:00 horas) Mesa II. Acceso compartido a recursos dixitais
Coordina: Susana Marina Blanco Baluja.
Relatores:
Antonio Ovidio Carreira Montes: Ratón visual, Proxecto Fressa e outros recursos dixitais para as aulas na atención á diversidade.
Abraham Domínguez Cuña: Foro EDIGa, proxectos, logros e perspectivas de futuro.
Feliciano J. Couto Escanciano: A biblioteca multimedia de TADEGa e outros recursos dixitais.

(11:15 horas) Descanso

(11:45 horas) Mesa III. Integrando recursos TIC nas aulas
Coordina: José Leonardo Fariña García.
Relatores:
Manuel Gómez Villa: Experiencias coa pizarra dixital interactiva en aulas de Atención á Diversidade.
Mª Mercedes Varea Cascallar: Rehabilitación de implantes cocleares, recursos para as aulas e centros de recursos específicos.
Mercedes Pilar Fernández García: experiencias de integración das persoas con discapacidade nas aulas de centros ordinarios.

Sábado tarde

(16:00 horas) Mesa IV: Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade e fenda dixital
Coordina: Manuel Masaguer Rodríguez.
Relatores:
Emilio Ivars Ferrer: Usabilidade e accesibilidade web.
Mª Emma Mayo Pais: Discapacidade visual.
Inés Casal Barreiro: Trastornos do espectro autista, TEA.
Mª Luz López Díaz: Parálise cerebral e discapacidade motora.
Julián García Villalobos: (novos estándares de accesibilidade de plataformas e materiais educativos).

(18:30 horas) Descanso

(19:00 horas) Clausura: Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia. (Consellería de Educación e Ordenación Universitaria).
Servizo de Atención á Diversidade. (Consellería de Educación Ciencia e Investigación). Rexión de Murcia.
Asociación TADEGa.

(19:30 horas) Recollida de enquisas de avaliación e entrega de diplomas acreditativos.

Relatores e coordinadores (en orde alfabética)

Susana Marina Blanco Baluja

  • Membro da Asociación TADEGa.
  • Asesora técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria para a Formación Profesional.
  • Psicóloga y orientadora.

Antonio Ovidio Carreira Montes

  • Membro da xunta directiva da Asociación TADEGa.
  • Asesor técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria en contidos TIC educativos especialmente adicados á Atención á Diversidade.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.
  • Deseñador de contidos accesibles en diveros proxectos do programa Internet en el aula e Internet en la escuela.
  • Membro do Foro TecnoNEEt.

Inés Casal Barreiro

Feliciano J. Couto Escanciano

  • Mestre no CEE Nosa Señora de Lourdes - (ASPRONAGA) A CORUÑA.
  • Autor de recursos para as aulas con diveros premios.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.
  • (Pdte. de recibir máis información).

Abraham Domínguez Cuña

  • Mestre no CEIP de Laredo (Redondela), Pontevedra.
  • Membro da xunta directiva da Asociación TADEGa.
  • Coordinador do Foro EDIGa.
  • Autor de diversos sitios web, algúns deles con premios recoñecidos.
  • Traductor de recursos TIC de referencia ao galego.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.
  • (Pdte. de recibir máis información).

José Leonardo Fariña García

  • Asesor técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria, Servizo de Formación do Profesorado.
  • Membro da xunta directiva da Asociación TADEGa.
  • Autor de diversos sitios web e proxectos europeos, algúns con premios recoñecidos.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.
  • (Pdte. de recibir máis información).

Juan J. Fernández García

  • Asesor técnico da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Presidente da Asociación TADEGa.
  • Membro do Foro TecnoNEEt.
  • Membro da xunta directiva do FEAE-G.
  • Postgrado en informática e telecomunicacións.
  • Autor de varios sitos web e software educativo, especializado en accesibilidade e usabilidade web con diversos premios.

Mercedes Pilar Fernández García

  • Mestra no CEIP Virxe da Luz (Lugo).
  • Especialista en educación primaria e pedagoxía terapéutica.
  • Autora de diversos traballos e proxectos TIC con diversos premios.
  • Autora de programas adaptados con JClic, NeoBook e PowerPoint.
  • Autora de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Julián García Villalobos

  • Psicólogo, Técnico da Dirección de Educación da ONCE.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.
  • (Pdte. de recibir máis información).

Belén Gómez Flores

  • Mestra do CEIP de Flavia de Padrón.
  • Traductora de recursos TIC de referencia ao galego.
  • Intensa experiencia no uso da PDI tanto na aula como pola súa anterior actividade como asesora técnica da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.
  • Membro do Foro TecnoNEEt.
  • Autora de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Manuel Gómez Villa

  • Pedagogo, experto en Orientación escolar, educación Infantil e Pedagoxía Terapéutica.
  • Presidente da Asociación DIVERTIC.
  • Director do CEE 'El buen pastor' de Cieza, Murcia.
  • Membro do Foro TecnoNEEt.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Emilio Ivars Ferrer

  • Profesor especialista en Ciencias Físico-matemáticas e Educación Musical.
  • Membro do Foro TecnoNEEt.
  • Asesor no Centro de Animación e Documentación Intercultural (CADI) da Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia.
  • Director de proxectos de DisacnetSolutions SL.
  • Director de proxectos e socio de DIVERTIC.
  • Experto en accesibilidade e usabilidade web.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Mª Belén Junquera Méndez

  • Mestra de inglés no EEI Vagalume, (Vilagarcía de Arousa, Pontevedra).
  • Experta recoñecida no uso da PDI especialmente na área de Inglés en Educación Infantil.
  • Máster e experta en Informática educativa.
  • Autora de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Mª Luz López Díaz

  • Especialista en Educación Infantil, Primaria e Pedagoxía Terapéutica destinada no IES As Mercedes, Lugo.
  • Presidenta (e cofundadora) do Colectivo Adiante Xa.
  • Experta en Internet e a súas Aplicacións.
  • Autora de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Manuel Á. Masaguer Rodríguez

  • Mestre de Educación Infantil (especialista tamén pedagoxía terapéutica e educación física) e xefe de estudos do CRA de Teo, escola de Campos, Santiago de Compostela.
  • Relator en diversos proxectos sobre o encerado dixital interactivo nas aulas de educación infantil e primaria.
  • Licenciado en Ciencias da Educación.
  • Diversos proxectos educativos galegos e europeos especialmente na procura dunha escola rural non discriminada.

María Emma Mayo Pais

  • Investigadora en Formación do Departamento de Psicoloxía Evolutiva e da Educación da Facultadede de Psicoloxía da Universidade de Santiago de Compostela.
  • Diveros traballos e publicacións de investigación sobre accesibilidade e atención á diversidade na Educación.
  • Licenciada en psicoloxía, máster en asesoramento e orientación familiar, máster en orientación educativa e psicopedagóxica na discapacidade.
  • Diploma de Estudios Avanzados (D.E.A.) e en técnicas educativas e pedagóxicas na discapacidade visual.

Fco. Javier Soto Pérez

  • Pedagogo, profesor especialista en Pedagoxía Terapéutica e Audición e Linguaxe.
  • Asesor técnico do Servizo de Atención á Diversidade da Consellería de Educación, Ciencia e Investigación da Rexión de Murcia.
  • Coordinador do Foro TecnoNEEt.
  • Vicepresidente da Asociacíon DIVERTIC.
  • Coordinador da área de Tecnoloxía Educativa e Atención á Diversidade da Consellería de Educación, Ciencia e Investigación de la Rexión de Murcia.
  • Experto universitario en Atención Temperá.
  • Autor de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Mª Mercedes Varea Cascallar

  • Mestra orientadora e xefa de estudios do CEE de xordos Nosa Sra. do Rosario, A Coruña e coordinadora do seu Centro de Recursos.
  • Licenciada en Pedagoxía e Psicoloxía e especialista en pedagoxía terapéutica e en audición e linguaxe.
  • Traballos como profesora en ASPACE e no o EOE da Coruña como asesora de audición e linguaxe.
  • Membro da xunta directiva da asociación AGPETAL.
  • Autora de diversos artigos para publicacións e ponencias.

Matrícula

  1. Ingresar o importe da matrícula (30 € para os non socios e 10 € para os socios de TADEGa e/ou DIVERTIC) na conta que a Asociación TADEGa ten aberta en CAIXA NOVA, c/c Nº 2080-0162-32-0040010392.
  2. Enviar a fotocopia do xustificante bancario, xunto coa ficha de inscrición recortable do programa do congreso que, en formato PDF se enlaza nesta páxina (ver imaxe), antes do día 18 de maio de 2008 á Secretaría do Congreso, enderezo postal: Asociación TADEGa R/ Caballeros, 25 - 5º Dta. 15009 - A Coruña.
  3. Prazas limitadas (112). Aceptación das solicitudes de inscrición por rigurosa orde da súa recepción. Antes de facer o ingreso, para saber se quedan prazas libres, solicitar conformidade remitindo nome e apelidos ao seguinte enderezo de correo electrónico: Contactar@TADEGa.net (*)
  4. A matrícula da dereito a: asistencia ao congreso, carpeta coa documentación, e certificado de asistencia (solicitada homologación oficial de 12 horas ante a Consellería de Educación).
  5. (*) En calquera caso, o importe da matrícula incrementarase en 5 € para aquelas solicitudes feitas (ingreso bancario) con posterioridade ao 18 de maio.

Estructura

Organiza

O congreso está organizado pola nosa Asociación TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega).

Coordinan

  • Belén Gómez Flores, vogal da xunta directiva da asociación TADEGa.
  • Juan J. Fernández García, presidente da asociación TADEGa.

Colaboran

  • Dirección Xeral de Promoción Industrial e Sociedade da Información, da Consellería de Innovación e Industria da Xunta de Galicia.
  • Consellería de Educación e Ordenación Universitaria da Xunta de Galicia:
    • Dirección Xeral de Ordenación e Innovación Educativa.
    • Dirección Xeral de Ordenación e Calidade do Sistema Universitario de Galicia.
    • Secretaría Xeral.
    • MUPEGA.
  • O Servicio de Atención a la Diversidad, de la Dirección General de Promoción Educativa e Innovación, de la Consejería de Educación, Ciencia e Investigación, de la Región de Murcia.
  • Asociación DIVERTIC.
  • Foro EDIGa.

Contidos

  • Referentes TIC na Atención á Diversidade: DIVERTIC, AUMENTATIVA.net, Foro TecnoNEEt e TADEGa: proxectos, logros e perspectivas de futuro.
  • Acceso compartido a recursos dixitais: Ratón visual, Proxecto Fressa, Foro EDIGa, a biblioteca multimedia de TADEGa e outros recursos dixitais.
  • Integrando recursos TIC nas aulas: Experiencias coa pizarra dixital interactiva, rehabilitación de implantes cocleares, centros de recursos específicos, experiencias de integración das persoas con discapacidade nas aulas de centros ordinarios.
  • Usuarios, familiares, usabilidade, accesibilidade e fenda dixital: Accesibilidade e usabilidade web, novos estándares de accesibilidade de plataformas e materiais educativos, e a integración escolar vista polos propios usuarios e os seus familiares: discapacidade visual, trastornos do espectro autista, TEA, parálise cerebral e discapacidade motora.

Obxectivos

  • Coñecer os novos recursos TIC en galego ou traducidos ao galego de utilidade para o profesorado inmerso na Atención á Diversidade en Galicia.
  • Informar dos recursos e das actividades innovadoras e de maior relevancia no eido das TIC e da Atención á Diversidade.
  • Coñecer experiencias relevantes e significativas de aproveitamento das TIC nas aulas.
  • Propiciar o encontro e intercambio de experiencias para o profesorado con interese na Atención á Diversidade.

Destinatarios

  • Principalmente, profesorado de centros da Comunidade Autónoma de Galicia sostidos con fondos públicos.

Metodoloxía

  • Organización en 4 mesas redondas cos 4 grandes temas que inclúen a exposición dos contidos e un coloquio debate posterior.

Idiomas

  • Principalmente en galego, agás algúns dos relatores proveñentes da Rexión de Murcia que farán a súa exposición en español.

Libro de actas

  • A reunión da documentación previa e da remitida polos relatores dos seus traballos será volada a un CD-ROM que será entregado ás e aos asistentes co ISSN e o IBSN da nosa bitácora da que pasará a formar parte.
  • Icono da 'Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellería de Innovación e Industria'. .
  • Icono da 'Consellería de Educación e Ordenación Universitaria'. .


  • Icono de enlace á conformidade co Nivel AAA, de Accesibilidade do W3C-WAI .
  • Icono de enlace aos termos da licenza Creative Commons desta obra .
  • Icono de enlace ao Premio EGANET 2007 á mellor web en tecnoloxía accesible. .


  • Icono de enlace a Disacnet Solutions S.L. a quen agradecemos a súa profesionalidade .
  • Icono de enlace a DIVERTIC a quen agradecemos a súa intensa colaboración. .
  • Icono de enlace al Navegador ZAC para personas con autismo o 'ZAC Browser'. .

Accesibilidade web: sitio deseñado conforme ao nivel triplo A das directrices de accesibilidade para o contido da Web 1.0 do W3C-AI. Se atopas algunha dificultade para acceder a calquera aspecto do seu contido, contacta co webmáster no enderezo de correo electrónico Contactar@TADEGa.net. Informamos igualmente que este nivel de accesibilidade web foi revisado por última vez o mércores 31 de decembro de 2008 (Puntos 3 e 5 do artigo 5º do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, BOE do 21 de novembro de 2007).

Coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria así como de diversas direccións xerais e Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria.

Co noso agradecemento a ZAC Browser navegador ZAC para persoas con autismo cos que nos une a traducción ao español e ao galego do seu navegador.

Asemade agradecemos tamén a colaboración brindada pola Asociación Divertic coa que colaboramos na realización de diversos acordos e de Disacnet Solutions Sociedade Limitada que nos brinda en todo momento un impecable apoio e asistencia técnica.