Logotipo de TADEGa.net


Nota: Esta páxina está deseñada para ser vista en modo braille mediante un tipo de letra especial.
Se ten a letra BrailleRelive instalada no seu sistema poderá ver toda a páxina con este
tipo de letra a excepción deste recadro que permanecerá con letra convencional. De no ser así,
siga o enlace que se amosa para instalala no seu sistema:

Enlace para descargar o tipo de letra BrailleRelieve.
Enlace a Discapnet.es con máis información.
Teña en conta que isto é unha simulación para que poida facerse unha idea da situación xa que para
ler esta letra unha persoa cega precisa ter estes mesmos carateres en relevo para percorrelos cos
seus dedos. Póñase no seu lugar e faga deseños accesibles.


+Internet
+Galego
+Futuro

A celebración +Internet +Galego +Futuro e TADEGa

Logotipo da celebración '+Internet +Galego +Futuro' e enlace á súa web. [ D-1 ]

Galicia celebra de xeito conxunto o 17 de maio: o Día de Internet, o Día Mundial das Telecomunicacións e da Sociedade da Información, e o Día das Letras Galegas. É un día sinalado para propiciar, coa axuda das tecnoloxías digxitais, a participación da sociedade galega nunha reflexión colectiva sobre as posibilidades que as tecnoloxías da información e da comunicación nos achegan para a normalización da nosa lingua, a difusión e enriquecimiento da nosa cultura e a construción da sociedade do coñecemento en Galicia.

TADEGa súmase a esta celebración, e a todos vos convidamos a facer o mesmo. Nestas páxinas atoparedes unha recopilación selecta dos mellores recursos dixitais que, sendo de uso práctico na Atención á Diversidade, foron desenvoltos en galego ou se atopen traducidos ao galego. A sorpesa foi grande aínda para nós mesmos, pois nin esperabamos un catálogo tan amplo nin de tanta calidade. Así pois, ademais de aledarnos, sentímonos máis obrigados pola responsabilidade que nos xunta a todos, para que este material sexa coñecido, valorado e mellorado por todos.

A este esforzo tan compracido pola nosa banda, súmase outro non menos importante. A accesibliidade web é a característica imprescindible que todo material dixital debera ter a fin de non segregar da sociedade e a cultura ás persoas con discapacidade. Pois, como non podería ser doutro xeito, os seus dereitos de información e participación son exactamente iguais aos nosos. Cando construímos páxinas web dende as que lanzamos información, contidos e servizos, se o fixéramos dun xeito non accesible, os estaríamos excluíndo, algo imperdoable e inxusto a todas luces; e de ahí o noso esforzo por lembrar a todos, especialmente a todas as persoas, administracións e organismos que ocupan un papel destacado no mundo do dixital galego, que se a responsabilidade é grande, no seu caso o é moito máis. Sería inxusto e carente de senso que a sociedade e o pobo galego no tomasen tamén a iniciativa de ser solidarios e xustos con quen máis o merecen por ser os máis vulnerables.

É de seu.

Recursos dixitais galegos ou traducidos ao galego

A continuación amósase o catálogo de recursos dixitais galegos ou traducidos ao galego que poidan ser de uso e interese na Atención á Diversidade ou na Integración Escolar. Se atopades dalgún recurso educativo deste tipo, poñédevos en contacto con nós para ampliar este catálogo.

(Saltar navegación ata o final deste grupo de enlaces)
1, 2, 3, a túa WebQuest
Icona do programa 1, 2, 3, a túa WebQuest.
Recurso: 1, 2, 3, a túa WebQuest
Autoría: Franciso Muñoz de la Peña
Traducción: Xaquín López, Xaime Lis e Roberto Rielo para Ciberlingua
Páxina de Internet: www.aula21.net/Wqfacil/webga.htm


Ardora
Icona do programa Ardora.
Recurso: Ardora
Autoría: Xosé Manuel Bouzán Matanza
Traducción: O autor
Páxina de Internet: webardora.net/index_gal.htm


Atnag
Icona do programa Atnag.
Recurso: Atnag
Autoría: Gerard Selles
Traducción: Xose Antón Vicente
Páxina de Internet: atnag.org


Aula Bardos
Icona do programa Aula Bardos.
Recurso: Aula Bardos
Autoría: Juan José Fernández García
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.sordos.es


Aumentativa.net
Icona do programa Aumentativa.net.
Recurso: Aumentativa.net
Autoría: Asociación DIVERTIC
Traducción: TADEGa - Belén Gómez
Páxina de Internet: www.aumentativa.net


Caderno de mates
Icona do programa Caderno de mates.
Recurso: Caderno de mates
Autoría: Luis Pérez
Traducción: Manolo Paz, Antonio Gil, e Xosé Antón Vicente
Páxina de Internet: engalego.iespana.es/edu1.htm


Calculadora EDI
Icona do programa Calculadora EDI.
Recurso: Calculadora EDI
Autoría: Harold Thimbleby e o seu fillo Willy (Universidade Británica de Swansea)
Traducción: TADEGa - Abraham Domínguez
Páxina de Internet: ediga.net/blog/calculadora-maxica/


Cálculo mental
Icona do programa Cálculo mental.
Recurso: Cálculo mental
Autoría: Felo Couto
Traducción: (Feito en Galicia)
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/inicio/aulas/diversidade/calculo


Calcwav
Icona do programa Calcwav.
Recurso: Calcwav
Autoría: Joaquín Fonoll
Traducción: TADEGa - Abraham Domínguez
Páxina de Internet: www.xtec.es/~jfonoll/


Clic
Icona do programa Clic.
Recurso: Clic
Autoría: Francesc Busquets
Traducción: Edugaliza.org
Páxina de Internet: clic.xtec.net/es


Copia
Icona do programa Copia.
Recurso: Copia
Autoría: Bartolomé Sintes Marco
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.mclibre.org/consultar/primaria/copia/copia.php?idioma=gl


Drarwing for children
Icona do programa Drarwing for children.
Recurso: Drarwing for children
Autoría: Mark Overmars
Traducción: Xosé Antón Vicente
Páxina de Internet: www.antonvicente.es/recursos/dfc22-galego.exe


Fácil
Icona do programa Fácil.
Recurso: Fácil
Autoría: Joaquín Fonoll
Traducción: TADEGa - Belén Gómez e Abraham Domínguez
Páxina de Internet: www.xtec.es/~jfonoll/


Fórmula 20
Icona do programa Fórmula 20.
Recurso: Fórmula 20
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/inicio/f2


GaliClic
Icona do programa GaliClic.
Recurso: GaliClic
Autoría: Varios, coordina Suso Lojo
Traducción: Os autores
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/inicio/descargas/galiclic


Galogo
Icona do programa Galogo.
Recurso: Galogo
Autoría: Randall P. Embry
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.galego21.net/ldc/comun/barra4.htm


Gráficas 1
Icona do programa Gráficas 1.
Recurso: Gráficas 1
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/dsc/flash/datosre.html


Gráficas 2
Icona do programa Gráficas 2.
Recurso: Gráficas 2
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/dsc/flash/idades.html


Hiparcos
Icona do programa Hiparcos.
Recurso: Hiparcos
Autoría: Manolo Paz
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/hiparcos


Hot potatoes
Icona do programa Hot potatoes.
Recurso: Hot potatoes
Autoría: Martin Holmes, Stewart Arneil e Hilary Street
Traducción:
Páxina de Internet: hotpot.uvic.ca


Jclic
Icona do programa Jclic.
Recurso: Jclic
Autoría: Francesc Busquets
Traducción: Edugaliza.org
Páxina de Internet: clic.xtec.net/es


Keyboard explorer
Icona do programa Keyboard explorer.
Recurso: Keyboard explorer
Autoría:
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.rekenwonder.com/mousetrainer.htm


Lim
Icona do programa Lim.
Recurso: Lim
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.educalim.com


Lim en NoteBook
Icona do programa Lim en NoteBook.
Recurso: Lim en NoteBook
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: educalim.com/lab/notebook/lim_note_gz.htm


Loga
Icona do programa Loga.
Recurso: Loga
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: educalim.org/loga/gz/index.html


Mapas
Icona do programa Mapas.
Recurso: Mapas
Autoría: Fran Macías
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.edugaliza.org/inicio/mapas


Mouse Trainer
Icona do programa Mouse Trainer.
Recurso: Mouse Trainer
Autoría:
Traducción: O autor
Páxina de Internet: www.rekenwonder.com/mousetrainer.htm


Squeak
Icona do programa Squeak.
Recurso: Squeak
Autoría:
Traducción: Universidade de Santiago de Compostela
Páxina de Internet: squeak.usc.es/USCSqueak_GA


Toca pantalla
Icona do programa Toca pantalla.
Recurso: Toca pantalla
Autoría: Antonio Sacco
Traducción: TADEGa - Abraham Domínguez
Páxina de Internet: www.antoniosacco.com.ar/tlp.htm#tlp_ins


TocaToca
Icona do programa TocaToca.
Recurso: TocaToca
Autoría: Joaquín Fonoll
Traducción: TADEGa - Abraham Domínguez
Páxina de Internet: www.xtec.es/~jfonoll/


Xogamos?
Icona do programa Xogamos?.
Recurso: Xogamos?
Autoría: Fran Macías, Xosé Antón Vicente, Felo Couto
Traducción: Os autores
Páxina de Internet: www.edu.xunta.es/contidos/premios/p2007/proxecto_xogamos/index.html


(Final do grupo de enlaces).
Icono da 'Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información, Consellería de Innovación e Industria'. . Icono da 'Consellería de Educación e Ordenación Universitaria'. . Icono de enlace á conformidade co Nivel AAA, de Accesibilidade do W3C-WAI . Icono de enlace a Disacnet Solutions S.L. a quen agradecemos a súa profesionalidade . Icono de enlace a DIVERTIC a quen agradecemos a súa intensa colaboración. . Icono de enlace aos termos da licenza Creative Commons desta obra . Icono de enlace ao Premio EGANET 2007 á mellor web en tecnoloxía accesible.

Accesibilidade web: sitio deseñado conforme ao nivel triplo A das directrices de accesibilidade para o contido da Web 1.0 do W3C-AI. Se atopas algunha dificultade para acceder a calquera aspecto do seu contido, contacta co webmáster no enderezo de correo electrónico Contactar@TADEGa.net. Informamos igualmente que este nivel de accesibilidade web foi revisado por última vez o martes 12 de febreiro de 2008 (Puntos 3 e 5 do artigo 5º do Real Decreto 1494/2007, de 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social, BOE do 21 de novembro de 2007). Coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación e Industria así como de diversas direccións xerais e Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación Universitaria. Asemade agradecemos tamén a colaboración brindada pola Asociación Divertic coa que colaboramos na realización de diversos acordos e de Disacnet Solutions Sociedade Limitada que nos brinda en todo momento un impecable apoio e asistencia técnica.