Nota: Esta páxina está deseñada para ser vista en modo braille mediante un tipo de letra especial.
Se ten a letra BrailleRelive instalada no seu sistema poderá ver toda a páxina con este
tipo de letra a excepción deste recadro que permanecerá con letra convencional. De no ser así,
siga o enlace que se amosa para instalala no seu sistema:
Enlace para descargar o tipo de letra BrailleRelieve.
Enlace a Discapnet.es con máis información.
Teña en conta que isto é unha simulación para que poida facerse unha idea da situación xa que para
ler esta letra unha persoa cega precisa ter estes mesmos carateres en relevo para percorrelos cos
seus dedos. Póñase no seu lugar e faga deseños accesibles.
Cómo xa temos indicado na portada, TADEGa (Tecnoloxías de Atención á Diversidade na Educación Galega) é un foro de profesionais maioritariamente galegos de distintos campos profesionais implicados na Educación e, dun xeito especial, na Atención á Diversidade, é dicir:
E todo un longo etc. que abrangue a todas as persoas que, os que se cren normais chaman diferentes, (aínda que na realidade tal distinción é absurda e discriminatoria).
O caso é que as TIC (Tecnoloxías da Información e da Comunicación) veñen sendo unha nova ferramenta á vez que medios de comunicación múltiples e, no lugar de axudar á integración de todos, aínda incrementan a segregación de quen non poden acceder a elas por causa dos nosos deficientes e discriminatorios deseños.
O noso obxectivo é dobre: por un lado rachar esta fenda dixital (así é como se chama esta inxusta situación) e, pola outra: investigar, fomentar, compartir, debater, deseñar, adaptar e propor as ferramentas, as maneiras, e os métodos para obter o mellor proveito destas tecnoloxías dixitais nos campos educativos nos que estamos a traballar.
Este é o noso compromiso, e este traballo sempre nos terá entretidos e ocupados; o labor sempre estará inacabado; a mellora sempre é posible.
Murcia, setembro de 2006 e un magnífico congreso internacional á vista: o TecnoNEEt-CIIEE 2006. Neste congreso cunha longa e magnífica traxectoria e calidade, matricúlanse numerosas persoas de todo o estado español e de diversos países de Latinoamérica. Entre eles hai un nutrido grupo de galegas/os (entre congresistas presenciais, virtuais e organizadores do propio TecnoNEEt superan a vintena).
Así que chega a hora de tomar unha iniciativa: Os galegos alí presentes nos reunimos para avaliar a posibilidade de que estes encontros de profesionais da educación galegos se repitan e comecemos a preocuparnos un pouco pola realidade educativa galega neste ámbito dixital que cremos está moi por debaixo das súas posibilidades e do nivel que debería ter. Hai consenso e unanimidade. o grupo TADEGa ponse en marcha.
O noso compromiso céntrase en que a realidade educativa galega para a atención á diversidade optimice ao máximo as oportunidades que a tecnoloxía dixital pode ofrecer en cada momento, e non en base ao noso protagonismo, senón a partires do que entre todos poidamos ir descubrindo e compartindo.
Somos moitos e de orixes moi dispares, non só educadores; inmersos en problemáticas moi distintas. Ninguén ten a razón e canto máis diferentes e diversos sexamos, mellor.
Non estamos aliñados con ningún credo, nin político nin relixioso nin de ningún outro tipo. Valoramos a nosa liberdade de opinión e actuación e, polo tanto, a nosa disparidade de procedencias e de formas de ser. É máis, cremos que cánto máis diferentes e plurais sexamos, máis cerca estaremos de atopar tesouros ricos, aínda que nos custe máis traballo facelo.
Non cremos na tecnoloxía como fármaco, senón como ferramenta, o que significa que é un instrumento máis no noso traballo diario, pero un instrumento ao que debemos, hoxe, prestarlle unha especial atención porque, pola súa idade e pola inexperiencia de todos, non se lle está sacando todo o proveito que pode dar.
A dificultade non está tanto no coñecemento e o dominio da ferramenta canto, máis ben, na complexidade para integrala nos currículos, nos espazos físicos, ou nos tempos e ritmos de aprendizaxe; pero non como un pegón acabado de chegar e de mal acomodo, senón como parte integral do plan de centro (ou o seu equivalente na institución que o acolle e da soporte).
Nunca pechados sobre nós mesmos crendo que o noso embigo é o mundo, senón co deleite da pluralidade do encontro con outros moitos: de todo o estado español, de Latinoamérica, de Europa.
Co inicio do ano 2008 TADEGa constitúese formalmente como asociación. Se desexa ser socio debe remitirmos a solicitude que pode descargar nesta páxina debidamente cuberta e asinada ao enderezo postal que no propio documento se indica. Asemade, pode consultar un resumo dos estatutos da asociación tamén dispoñibeis nesta páxina para valorar, antes de suscribirse, se realmente son acordes aos seus intereses. Engadimos ademais un tríptico en formato PDF para a súa libre distribución y no que se explican as liñas mestras deste grupo. Unha vez recibida a solicitude, devolveremos a volta de correo unha copia completa dos estatutos. E, unha vez que se confirme o cobro bancario da cota anual correspondente, que hoxe é de 30 € (euros), procederase a dalo de alta nos diversos servizos establecidos para os socios conforme aos diversos acordos establecidos con diversas entidades.
A continuación se relacionan os documentos antes mencionados para a súa libre descarga:
DOCde
Microsoft Office): [Enlace 1].
ODTde
Open Office): [Enlace 2].
Adobe): [Enlace 3].
Adobe): [Enlace 4].
DOCde
Microsoft Office): [Enlace 5].
ODTde
Open Office): [Enlace 6].
Adobe): [Enlace 7].
Separadamente de se é socio/a ou non, pode solicitar participar na nosa lista de distribución de correo a fin de estar ao día das diversas actividades, noticias e acontecementos que se suceden ao carón da nosa asociación. Se está interesada ou interesado en participar nesta lista de correo, remita unha solicitude por correo electrónico á conta que se amosa a pé de páxina indicando nome, apelidos, vinculación ao mundo da atención á diversidade, lugar e/ou localidade de traballo así como unha breve descrición de motivos polos que desexa participar nesta lista. Estaremos encantados de que participe con nós.
| Apelidos e nome | Lugar de traballo | Provincia |
|---|---|---|
| Acuña Abalde, Uxía | CEIP de Aguiño, Ribeira | A Coruña |
| APAE, Coruña | APAE Coruña | A Coruña |
| Besada Pérez, María Luz | CEIP Rosalía de Castro - O Grove | Pontevedra |
| Blanco Baluja, Susana Marina | Consellería de Educación, asesora FP | A Coruña |
| Blanco Díez, María de la Oliva | CEIP As Forcadas, Ponteceso | A Coruña |
| Canosa Rabuñal, Manuela | CEIP Ramón Otero Pedrayo, Laracha | A Coruña |
| Carreira Montes, Antonio Ovidio | Consellería de Educación, asesor TIC | Lugo |
| Castro González, Manuel | Grupo ACCEDO - (ONCE) | Pontevedra |
| Couto Escanciano, José Feliciano | CEE Nosa Señora de Lourdes - (ASPRONAGA) | A Coruña |
| Domínguez Besada, Ana Belén | CEIP Príncipe Felipe | Pontevedra |
| Domínguez Cuña, Abraham Ignacio | CEIP de Laredo (Redondela) | Pontevedra |
| Doval Ruiz, María Isabel | Subdirectora Xeral de Universidades | A Coruña |
| Fariña García, José Leonardo | Consellería de Educación, asesor TIC | A Coruña |
| Fernández Amorín, Purificación | CEIP Seis do Nadal | Pontevedra |
| Fernández Carreira, Susana | - | Lugo |
| Fernández García, Juan José | Consellería de Educación, asesor TIC | A Coruña |
| Fernández García, Mercedes Pilar | CEIP Virxe da Luz | Lugo |
| Fernández Rodríguez, Mª Carmen | CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo | A Coruña |
| García Antelo, Beatriz | Facultade de CC da Educación, Univ. de Santiago de Compostela | A Coruña |
| García Villalobos, Julián | Psicólogo - Sección de Educación - (ONCE) | - |
| Garrido Feijoo, Rosa María | C.R.E. Santiago Apóstol - (ONCE) | Pontevedra |
| Gómez Flores, Belén | CEIP Flavia, Padrón | A Coruña |
| Gónzalez Varela, Margarita | CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo | A Coruña |
| González Vidal, Isolina | Departamento de Cultura, Ensino e Normalización linguística | A Coruña |
| Gromaz Campos, Manuel | Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) | A Coruña |
| Junquera Méndez, María Belén | EEI Vagalume, Vilagarcía de Arousa | Pontevedra |
| Limia Martínez, Luisa | EOE Ourense | Ourense |
| López Álvarez-Buhilla, Amalia | - | A Coruña |
| López Díaz, María Luz | IES As Mercedes | Lugo |
| Mayo Pais, María Emma | Facultade de Psicoloxía. Universidade de Santiago de Compostela | A Coruña |
| Moreno González, Fernando | CEIP Ponte dos Brozos, Arteixo | A Coruña |
| Novas Fernández, Jesús | CEP Dr. Fleming, Vigo | Pontevedra |
| Núñez Búa, José | CEIP Xulio Camba, Vilanova de Arousa | Pontevedra |
| Portas Fernández, Natalia | Centro de Atencion Integral Amencer - ASPACE, Vilagarcía de Arosa | Pontevedra |
| Portela Paredes, José Manuel | CEIP de Laredo (Redondela) | Pontevedra |
| Rivela Machado, Ánxeles | CEIP Seis do Nadal | Pontevedra |
| Rodríguez González, María del Mar | Consellería de Educación, asesora TIC | A Coruña |
| Rodríguez Malmierca, María José | Centro de Supercomputación de Galicia (CESGA) | A Coruña |
| Rozas Méndez, Ángeles | CEE de xordos Nosa Señora do Rosario | A Coruña |
| Salgado Bispo, María Begoña | CEIP de Frián, Teis - Vigo | Pontevedra |
| Sancho Caneda, Eugenio | Grupo ACCEDO - (ONCE) | Pontevedra |
| Varea Cascallar, María Mercedes | CEE de xordos Nosa Señora do Rosario | A Coruña |
| Vázquez Grandío, Cristina | IES Pastoriza | A Coruña |
| Viqueira Cobas, Susana | CEIP Santo Paio de Abaixo, Redondela | Pontevedra |
Accesibilidade web: sitio deseñado conforme ao nivel triplo A das directrices de
accesibilidade para o contido da Web 1.0 do
W3C-AI.
Se atopas algunha dificultade para acceder a calquera aspecto do seu contido, contacta co
webmáster no enderezo de correo electrónico
Contactar@TADEGa.net.
Informamos igualmente que este nivel de accesibilidade web foi revisado por última vez o martes 12 de febreiro de 2008
(Puntos 3 e 5 do artigo 5º do Real Decreto 1494/2007,
de 12 de novembro, polo que se aproba o Reglamento sobre as condicións básicas para o acceso das persoas con discapacidade
ás tecnoloxías, produtos e servizos relacionados coa sociedade da información e medios de comunicación social,
BOE do 21 de novembro de 2007).
Coa colaboración da Dirección Xeral de Promoción Industrial e da Sociedade da Información da Consellería de Innovación
e Industria
así como de diversas direccións xerais e Secretaría Xeral da Consellería de Educación e Ordenación
Universitaria
.
Asemade agradecemos tamén a colaboración brindada pola Asociación Divertic
coa que colaboramos na realización
de diversos acordos e de Disacnet Solutions Sociedade Limitada
que nos brinda en todo momento un impecable apoio
e asistencia técnica.